Venres con nubes, brétemas e ambiente algo máis fresco nas Rías Baixas e Santiago

23 Abril 2026

O Barbanza: Este venres 24 as Rías Baixas e en Santiago, comezará con nubes baixas e brétemas no litoral, que poderán reducir a visibilidade nas primeiras horas. Co avance da mañá, estas néboas iranse disipando, dando paso a ceos parcialmente cubertos.

Aínda que o risco de precipitación será baixo nestas zonas, non se descarta algunha chuvia débil puntual, mentres que os chuvascos de carácter tormentoso serán máis probables pola tarde no interior do leste de Galicia, especialmente nas provincias de Ourense e Lugo.

En canto ás temperaturas, as mínimas subirán lixeiramente, mentres que as máximas descenderán tamén de forma suave, deixando unha sensación térmica algo máis fresca durante o día. (máximas 22 graos).

O vento soprará frouxo do suroeste nas primeiras horas, rolando a noroeste ao longo da xornada, un cambio que se deixará notar especialmente no litoral das Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.