Venres 1 de maio, ceos con nubes e claros e algunha chuviscada na tarde

30 Abril 2026

O venres 1 de maio virá marcado por unha atmosfera máis ben estable en Rías Baixas e Santiago, con ceos de nubes e claros e unha probabilidade baixa de chuvia pola mañá. Pola tarde, si poderían aparecer chuvascos débiles ou illados, máis probables no interior e con maior presenza en zonas da metade norte.

As temperaturas manteranse suaves, con valores algo máis altos nas horas centrais do día, mentres o vento será en xeral frouxo ou variable, virando a oeste no decorrer da tarde. Máximas de 20 graos.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1.5 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...