UCIN denuncia o estado de abandono da Galiña Azul do Saltiño

28 Abril 2026

O coordinador de UCIN Boiro, Miguel Piqueras, rexistrou este martes 28 de abril unha denuncia formal ante a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia polo “estado de abandono no que se atopa”, sinalan, a Escola Infantil A Galiña Azul do Saltiño. A formación esixe “unha intervención inmediata” tras analizar os testemuños e as fotografías facilitadas polas nais e pais, que revelan un estado de “abandono sistemático” e, tamén, “deficiencias estruturais” que cualifican como unha “trampa mortal” para menores de 0 a 3 anos.

Sinalar que a rede de Escolas Galiña Azul dependen directamente da Xunta, concretamente a través das seguintes entidades: o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Consellería de Política Social e Igualdade), tal e como é o caso da escola do Saltiño. Malia esta titularidade autonómica, en UCIN Galicia consideran que o mantemento é competencia directa do Concello.

UCIN Boiro di que hai eivas graves en materia de risco eléctrico e de cristalería, e que existen picaportes nas portas soltos, pingueiras sobre os cambiadores e elementos de xogo con puntas de ferro á vista. “A isto engádese o mal estado dos baños, actualmente avariados” e, tamén, a falta de mantemento de patios, que están cubertos de verdello e que poden entrañar un risco de caídas, sinalan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...