Tradición e novidade conflúen na nova edición das Festas de San Marcos de Noia

09 Abril 2026

Este 9 de abril celebrouse a presentación oficial da edición 2026 das Festas de San Marcos de Noia, nun acto no que estiveron presentes o alcalde, Fran Pérez, o concelleiro de Festexos, Manolo Seijas, o presidente da asociación cabalar Serra do Barbanza, Adrián Bermúdez, e o fotógrafo e creador do cartel desta edición, Víctor Martínez “Pichero”.

Durante a rolda de prensa, Manolo Seijas puxo en valor o enfoque desta edición, sinalando que “supón unha mestura de tradición e novidade”.

O concelleiro destacou que “queremos recuperar o mellor da tradición cabalar da feira, dándolle o protagonismo que merece e integrando o mundo cabalar de maneira activa na programación”. Ademais, explicou que “facemos unha aposta clara por ampliar as actividades ao longo de todo o día, con sesións vermú, propostas para os máis pequenos e unha programación máis diversa e continua”.

Seijas tamén avanzou parte do cartel musical, subliñando que “San Marcos contará cunha programación musical de primeiro nivel”, coa presenza nocturna de formacións como París de Noia, Nueva Línea, La Guardia ou o grupo local Carabela, contando coa orquestra Trébol para unha das sesións vermú, reforzando así a animación ao longo de toda a xornada.

Pola súa banda, o presidente da asociación, Adrián Bermúdez, puxo en valor a recuperación de elementos históricos clave, como “a tradicional ruta cabalar á Capela de San Lázaro, que marcou o inicio da feira no ano 1578”. Ademais, destacou a incorporación de múltiples actividades cabalares, entre elas a baixada das bestas bravas polo Casco Histórico, as propostas da Estivada Ecuestre dirixidas á rapazada, e a ampliación do programa da Feira Cabalar do 25 de abril.

Bermúdez tamén quixo agradecer ao goberno local “a aposta decidida por dar un aire novo a un día tan importante para o mundo do cabalo como é San Marcos”.

O alcalde de Noia, Fran Pérez, sinalou que esta presentación chega tras o éxito de celebracións recentes como o Nadal e o Entroido, e afirmou que “é un orgullo especial presentar esta edición”. Así mesmo, reiterou o compromiso do goberno local coa dinamización cultural, festiva e económica da vila, sempre coa mirada posta na posta en valor das tradicións.

Para rematar, convidou non só á veciñanza de Noia, senón tamén a toda a contorna, a participar nunha festa que, segundo destacou, “ocupa un espazo moi especial nos nosos corazóns”.

Programación das Festa de San Marcos 2025

Venres 24

09:00 → Bombas de palenque (Peirao do Marqués)

11:00 → Dianas e alboradas (Salgueiriños)

16:00 → Ruta cabalar (San Lázaro → capela de San Marcos → regreso)

19:30 → Curro de cabalos salvaxes

22:00 → Verbena Orquestra París de Noia (Alameda)

00:00 → Orquestra Nueva Línea (Praza do Tapal)

01:30 → Remember Noia 80/90

Sábado 25

09:00 → Bombas de palenque (Peirao do Marqués)

09:00 → Feira cabalar de maquinaria agrícola (San Lázaro)

10:00 → Dianas e alboradas (Salgueiriños)

13:00 → Sesión vermú Boubas (Praza do Curro)

14:00 → Sesión vermú Orquestra Trébol (Alameda)

16:30 → Feira cabalar (San Lázaro)

17:30 → Actividades infantís + festival ecuestre (San Lázaro)

22:30 → Verbena Orquestra Trébol + Disco Chocolate (Alameda)

22:00 → Carabela (Praza do Tapal)

00:00 → La Guardia (Praza do Tapal)

Domingo 26

09:00 → Bombas de palenque (Peirao do Marqués)

11:00 → Dianas e alboradas (Banda Municipal de Noia)

13:30 → Banda de Música de Noia (Palco da Música)

17:00 → Actividades infantís (Alameda)

21:00 → Petardeo (A Banda do Sequío, Oswaldo Digón, Federico Pérez e Pepo Suevos) (Praza do Tapal)

21:30 → Verbena Orquestra New York

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...