Terio Carrera dará o pregón que abre a semana grande da Pascua de Padrón

01 Abril 2026

A vila de Padrón prepárase para vivir os días grandes das súas tradicionais Festas de Pascua, que arrincarán oficialmente este sábado co pregón do xornalista da TVG Terio Carrera. O acto celebrarase ás 21.00 horas na praza de Macías e estará presentado pola creadora de contido Sara Seco.

O xornalista deportivo de TVG Terio Carrera

A programación festiva chega cargada de propostas para todos os públicos, cun protagonismo especial para a música e o mundo ecuestre. Na noite do sábado, as orquestras Olympus e Unión y Fuerza animarán a verbena, mentres que o domingo será a quenda de Panorama, o artista 9Louro e o DJ Matrek Show, que reunirán milleiros de persoas na capital do Sar.

Un dos pratos fortes será a tradicional Feira Cabalar da Pascua, que se celebrará o domingo no Campo da Barca a partir das 10.00 horas. A cita contará con concursos morfolóxicos nos que participarán 70 cabalos e eguas de trece ganderías procedentes de distintos puntos de Galicia, incluíndo probas de Pura Raza Galega, cabalos cruzados, razas pesadas e exemplares de Pura Raza Árabe.

Ademais, o público poderá gozar do espectáculo de doma “El hechizo de la Rosa”, premiado no SICAB 2025, a cargo da compañía ecuestre La Magia del Caballo, así como da participación da sección de doma de Alta Escola de Galicia Dragóns de Santiago.

A programación deportiva tamén tivo un papel destacado no arranque das festas, con actividades como o raid cabalar e torneos de tenis, xadrez e fútbol base. Esta semana continuará coa velada de boxeo (venres 3) e coa 45ª edición da Carreira Popular de Pascua, que se disputará o sábado con preto de 700 participantes.

O programa complétase con propostas como a feira de maquinaria agrícola, o pasarrúas do grupo folclórico Arreixeira cos Xigantes e Cabezudos e o concerto da Banda de Música de Padrón. As celebracións prolongaranse ata o domingo de Pascuilla, o 12 de abril, consolidando un ano máis a Pascua de Padrón como unha das citas festivas máis destacadas de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.