Sábado 25 con brétemas matinais e máis sol nas Rías Baixas e Santiago

24 Abril 2026

Este sábado 25, San Marcos, estaremos nunha situación de transición entre altas e baixas presións, o que deixará unha xornada de certa inestabilidade, aínda que con predominio do tempo seco na metade oeste.

Nas Rías Baixas e en Santiago, a mañá estará marcada pola presenza de nubes baixas e brétemas, especialmente en zonas costeiras e vales próximos, que irán levantando co paso das horas. A partir do mediodía, abriranse claros e predominarán os ceos pouco nubrados, con presenza de nubes altas.

Pola tarde, a inestabilidade concentrarase no interior do leste de Galicia, onde poderán medrar nubes de evolución con algún chuvasco treboento, especialmente nas provincias de Lugo e Ourense, sen incidencia directa nas Rías Baixas.

As temperaturas experimentarán un comportamento desigual: lixeiro descenso no terzo norte e ascenso no resto, máis acusado no sur, polo que nas Rías Baixas se agarda un ambiente algo máis cálido durante as horas centrais do día (22 a 26 graos).

O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico, deixando unha xornada en xeral tranquila no oeste galego.

O domingo 26, teremos nubes e claros e suba das temperaturas chegando ós 25 a 27 graos.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 1.5 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...