Ribeira recoñece o compromiso social nunha emotiva gala da AECC

19 Abril 2026

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ribeira celebrou unha emotiva gala na que se puxo en valor o labor solidario de persoas e colectivos implicados na loita contra a enfermidade. O acto contou cunha ampla asistencia de público e co respaldo institucional, entre eles o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño e a alcaldesa ribeirense María Sampedro e membros da corporación.

Durante o evento, foron distinguidos Juan Luis Martínez entrenador nacional de Taekwondo e a asociación cultural Barbantia, entre outros homenaxeados, polo seu compromiso e contribución en diferentes ámbitos. A gala serviu tamén para destacar o papel do voluntariado e o apoio constante aos pacientes e ás súas familias.

No caso de Juan Luis Martínez, recoñeceuse a súa traxectoria, mentres que de Barbantia se salientou o seu labor de dinamización cultural e social, así como a súa colaboración en iniciativas solidarias.

Tamén foi galardoado o oncólogo Luis Ángel León, do que a AECC enxalzou o seu “intenso labor de humanización” no tratamento das enfermidades oncolóxicas e o seu traballo de investigación. Destacou a importancia da prevención con controis e hábitos de vida saudables. Ao acto asistiu o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, quen puxo en valor o labor da AECC de Ribeira no acompañamento aos pacientes que sofren un proceso oncolóxico e no apoio ás súas familias.

A xornada estivo marcada por intervencións emocionadas e mensaxes de agradecemento, nas que se puxo de relevo a importancia da colaboración cidadá e institucional na loita contra o cancro. A AECC de Ribeira subliñou que actos como este permiten visibilizar o traballo realizado ao longo do ano e reforzar o compromiso colectivo fronte á enfermidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.