Ribeira activa unha canle de Whatsapp para a comunicación de incidencias por parte da veciñanza

12 Abril 2026

A cidadanía de Ribeira disporá a partir deste luns 13 de abril dunha nova canle a través da cal comunicar incidencias. O Concello pon á súa disposición a canle de Whatsapp para tal fin, onde os veciños e veciñas poderán comunicar temas relacionados con iluminación, auga ou mobiliario, entre outras moitas cuestións. O número é o 689 117 816.

“Escoitar e acertar. Ese é o lema deste goberno. Xa tivemos xuntanzas veciñais en Corrubedo e Olveira para estar a carón dos veciños, escoitando as súas demandas e suxestións; unha serie de encontros que continuarán proximamente no resto de parroquias. E agora damos un paso máis e activamos este whatsapp para manter un contacto máis próximo e dar resposta con maior celeridade”, manifestou a alcaldesa, María Sampedro. Unha vez recibidas as mensaxes, estas serán trasladadas aos departamentos municipais correspondentes para solucionados con celeridade.

Outros artigos

Boiro acolle este domingo a proxección de O silencio herdado

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, que leva aos concellos a produción audiovisual máis destacada do ano pasado. A seguinte sesión será este domingo 29 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro. Proxectarase o documental O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...