Ribeira acolleu a presentación da novela gráfica de Óscar Losada e Alba Ceide sobre a filóloga Margot Sponer

10 Abril 2026

O público de Ribeira coñeceu este xoves 9 de abril os detalles da novela gráfica A tese de Margot, de Alba Ceide e Óscar Losada, grazas a unha presentación celebrada no Centro Cultural Lustres Rivas a dúas semanas de conmemorar o Día Internacional do Libro. Trátase dunha obra pertencente ao xénero biográfico que permite achegarse á vida e traxectoria dunha investigadora en lingua galega de comezos do século XX. Aquí, van da man o talento da debuxante de banda deseñada xunto coa palabra escrita do xornalista para achegar a historia da filóloga alemá Margot Sponer.

A concelleira de Educación e Promoción da Lingua, Nucha Brión, foi a encargada da dar inicio ao acto literario: “Considero que é unha lectura moi interesante e amena para o público en xeral, pero, especialmente, para os máis novos. Tamén é un exemplo de como o galego vai gañando terreo na banda deseñada, a cal vai collendo máis pulo, e de especial recoñecemento aos seus autores tratar o xénero biográfico en versión cómic”, declarou a edil.

Durante a súa intervención, Brión tamén manifestou que se trata dunha obra que “demostra que a literatura tamén funciona como mecanismo educativo fundamental non só para a transmisión de información, senón tamén como unha ferramenta pedagóxica que permite crear o hábito lector e desenvolver o espírito crítico e a creatividade”.

A través das páxinas deste cómic, o lector acompañará á filóloga alemá nas súas viaxes por Galicia, a onde chega en 1926, mergullándose na cultura local e coñecendo as súas xentes. A súa tese de doutoramento fai dela unha pioneira na historia da lingua galega.

Na súa estadía na nosa terra forxa tamén amizade con figuras da Xeración Nós e o libro tamén fala dos posteriores acontecementos vividos no seu país coa presenza do nazismo.

O autor e xornalista Óscar Losada reivindicou a necesidade de seguir divulgando a historia das mulleres, empregando a literatura como un mecanismo para tal fin. De aí a necesidade de escribir sobre mulleres como Sponer, quen, a xuízo do autor e xornalista, “é un exemplo do amor polo noso idioma”.

Xunto coa coautora e debuxante, Alba Ceide, disertaron sobre o proceso de concepción do cómic cunha exhaustiva investigación sobre a época na que transcorre a historia co obxectivo de que non houbese incongruencias, sobre todo, a nivel visual e, por suposto, sobre a propia filóloga alemá. Explicaron que gran parte da información foi consultada no estudo Margot Sponer: do galego antigo ás fronteiras da resistencia, de Antón Figueroa.

Pola súa parte, Ceide fixo saber que as imaxes seguen un deseño realista e que a filóloga alemá aparece representada baseándose nas dúas únicas fotografías que se conservan dela despois de que o

réxime nazi procedese a borrar toda a información posíbel tralo seu asasinato. En canto á paleta de cores, a parte do cómic que transcorre en Galicia loce máis alegre, mentres que a da Alemaña resulta máis sombría.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...