Ribasieira celebra os días 13 e 14 de xuño as Festas de San Antonio

30 Abril 2026

O vindeiro mes de xuño vanse celebrar na parroquia de Ribasieira (en Porto do Son) os Festexos de San Antonio, os días 13 e 14 e xuño, coa Casa da Cultura como eixe de actividades. Na primeira das xornadas haberá ruta cabalar con degustación de carne ao caldeiro e churrasco (consultar prezos no cartaz), con saída ás 10.00 horas. Haberá bendición dos animais. Na segunda das xornadas está programado un torneo de futbolín na Casa da Cultura (prazas limitadas). Dará comezo ás 17.00 horas. Organiza a CDF de Ribasieira coa colaboración do Concello do Porto do Son.

Outros artigos

O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro. “Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na...

+

Inestabilidade e chuvascos no sábado nas Rías Baixas e en Santiago

O sábado 9, estará marcado pola inestabilidade nas Rías Baixas e en Santiago, baixo a influencia das baixas presións situadas ao oeste de Portugal. Agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, aínda que irán aparecendo chuvascos co paso das horas. Na zona das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.