Queiruga celebra a cuarta Foliada dos Maios este venres a partir das 20h

29 Abril 2026

A Asociación Folclórica Chorimas de Queiruga (Porto do Son) vai celebrar a festa do 1 de maio coa cuarta edición da Foliada dos Maios, organizada en colaboración co Concello do Porto Son.

A cita será este venres 1 de maio a partir das 20.00 horas na Casa da Cultura de Queiruga e incluirá unha foliada libre a xeito de colofón.

“Por cuarto ano volvemos xuntarnos para celebrar a nosa música, o baile e a tradición como máis nos gusta: en comunidade e con moita festa”, indican dende a asociación.

Contarase coa presenza dun parte moi relevante dos grupos de música e baile tradicional do Barbanza: Arrancadeira, O Facho (Tahume), Nunca é Tarde, Eiradela, Escola Tahume, Rumbía, Bailadela, A Pedra da Aroña, Rianxeira da Covecha, As Sete Linguas, Alixeiras e Sivalveiras.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.