Proseguen as reunións veciñais organizadas polo Concello de Ribeira con parada en Oleiros

10 Abril 2026

O Concello de Ribeira continúa coas reunións veciñais polas súas parroquias co obxectivo de fomentar a participación cidadá na acción do Goberno municipal. Despois do paso por Corrubedo e Olveira a comezos de ano, no martes, 14 de abril, será a quenda de Oleiros, ás 20.00 horas, no local da comunidade de montes.

Estes encontros serven para poñer en común as necesidades e dúbidas, ademais de espazo para explicar as accións en materia de servizos e infraestruturas a realizar.

“Oleiros constitúe a terceira parada dos encontros veciñais que promovemos dende o Concello para que a cidadanía non só sinta que é o foco da política municipal, senón que tamén tome parte dela. Queremos facer unha Ribeira mellor entre todos. Trátase de escoitar para acertar”, en palabras da alcaldesa, María Sampedro. Estas reunións proseguirán no resto de parroquias en vindeiras datas.

Outros artigos

Boiro acolle este domingo a proxección de O silencio herdado

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, que leva aos concellos a produción audiovisual máis destacada do ano pasado. A seguinte sesión será este domingo 29 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro. Proxectarase o documental O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...