Preto de 200 estudantes do CEIP O Grupo (Ribeira) participan no programa deportivo Phoenix Kids by Javier Gómez Noya

08 Abril 2026

Máis de 190 estudantes de 3° a 6° curso de Primaria do CEIP O Grupo practicaron diferentes actividades deportivas este mércores 8 de abril no marco do proxecto Phoenix Kids by Javier Gómez Noya que promove a actividade física e o triatlón entre os máis pequenos. Parte do equipo, co atleta Víctor Riobó á cabeza, insistiu coa rapazada na importancia de levar un estilo de vida saudábel e examinou as aptitudes deportivas da rapazada con catro probas. Segundo os resultados obtidos, o alumnado recibía nocións sobre os deportes cos que máis concordarían: resistencia (atletismo, marcha, natación e ciclismo); forza (lanzamento de martelo, lanzamento de disco, lanzamento de peso e halterofilia); salto (salto de altura, salto de lonxitude, salto de pértega e triplo santo) e mobilidade (boxeo, golf, baloncesto e tenis). O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e a súa homóloga de Educación, Nucha Brión, achegáronse para comprobar o desenvolvemento desta iniciativa que une deporte e educación.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.