Portos de Galicia reparará as ramplas de Castiñeiras, Corrubedo e Ancados en Boiro

04 Abril 2026

Portos de Galicia executará obras de reparación nas ramplas de acceso ao mar dos peiraos de Castiñeiras e Corrubedo, no municipio de Ribeira, así como na de Ancados, en Boiro.

O organismo, dependente da Consellería do Mar, vén de recibir os informes preceptivos de compatibilidade coa estratexia mariña por parte do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, necesarios para poder levar a cabo estas actuacións. Estes informes foran solicitados en outubro de 2024.

As intervencións teñen como obxectivo garantir a seguridade e operatividade das infraestruturas portuarias, fundamentais para a actividade do sector pesqueiro profesional na comarca do Barbanza.

Os traballos consistirán no saneado de bordos e fendas das ramplas, así como no seu posterior recheo con morteiro especial, co fin de nivelar a superficie e mellorar as condicións de uso.

As obras executaranse respectando as limitacións ambientais establecidas polo Ministerio para a protección da fauna da zona. No caso da rampla de Castiñeiras, non poderán realizarse entre os meses de xuño e outubro, recomendándose a súa execución durante novembro ou decembro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.