Padrón e Rianxo reforzan os lazos de irmandade no tradicional Día de Rianxo nas Festas de Pascua

08 Abril 2026

O Concello de Padrón celebrou este martes 7 de abril o Día de Rianxo, unha cita consolidada dentro das Festas de Pascua, que reuniu ás corporacións de ambos municipios nun acto cargado de simbolismo institucional.

A recepción oficial á delegación rianxeira, encabezada polo seu alcalde, Julián Bustelo, desenvolveuse no paseo do Espolón, diante da estatua de Rosalía de Castro, escenario habitual dunha xornada que cada ano serve para poñer en valor os estreitos lazos entre as dúas vilas.

Trala tradicional ofrenda e escoitar o Himno Galego, a comitiva desprazouse ata o Xardín Botánico, onde os dous alcaldes colocaron unha coroa de loureiro diante do busto de Castelao.

Durante a súa intervención, o alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou que “estas citas son unha oportunidade única para reforzar a cooperación entre concellos, compartir proxectos e fortalecer a nosa identidade común, que vai máis aló das fronteiras administrativas. O traballo conxunto tradúcese en beneficios reais para a veciñanza e consolida un vínculo histórico e cultural que queremos seguir promovendo”.

Pola súa banda, Julián Bustelo subliñou a necesidade de promover unha acción pública baseada no entendemento, na capacidade de chegar a acordos e no respecto institucional. O rexedor pronunciou un discurso cargado de contido social e político cun chamamento a recuperar o diálogo e a empatía fronte ao “insulto e o acoso” que se vive nas redes sociais e algúns parlamentos.

“O diálogo e o respecto non son signos de debilidade, son ferramentas fundamentais”, afirmou Bustelo, quen tamén aproveitou para mostrar o seu total apoio ao goberno de Padrón ante os comentarios machistas en redes sociais contra dúas concelleiras.

“Fronte a todo isto, reivindicamos outra forma de entender e de facer política e queremos, ademais, predicar co exemplo. Por iso queremos ampliar este irmandamento que temos promovendo unha asociación de municipios do treito final do Ulla coa finalidade de defender os intereses comúns e poñer en valor unha pasado compartido”, subliñou.

As Bandas de Música de Padrón e Rianxo acompañaron ás dúas corporacións no percorrido desde o Espolón ata o Xardín Botánico e de regreso á Casa Consistorial, onde se celebrou o acto institucional. Despois as autoridades saíron ao balcón para escoitar a intervención das bandas de música.

Ao continuación, a Banda de Música de Rianxo ofreceu o tradicional concerto na praza de Macías, seguido dunha cea de confraternidade entre os integrantes das dúas corporacións.

“O Día de Rianxo en Padrón consolídase así como unha das citas máis significativas das Festas de Pascua, reforzando o compromiso de ambos municipios coa cooperación, a cultura e o legado histórico compartido”, informou o rexedor padronés.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.