Óscar Losada e Alba Ceide presentan este xoves en Ribeira a novela gráfica “A tese de Margot”

07 Abril 2026

O Centro Cultural Lustres Rivas (Ribeira) acolle este xoves, 9 de abril, ás 20.00 horas, a presentación da novela gráfica A tese de Margot, publicada polo selo galego Aira das Letras. Será un acto organizado polo Concello.

A autora e debuxante de banda deseñada Alba Ceide, xunto co autor literario Óscar Losada presentarán esta nova publicación dirixida ao público xeral, pero con especial interese para o público adolescente e xuvenil.

Trátase dunha obra pertencente ao xénero biográfico que permite coñecer máis sobre a vida e traxectoria dunha investigadora en lingua galega de comezos do século XX.

Sinopse da novela gráfica

En 1926, a filóloga alemá Margot Sponer viaxa a Galicia para investigar a lingua galega, mergullándose na cultura local e coñecendo as súas xentes. A súa tese de doutoramento fai dela unha pioneira na historia do noso idioma.

Neste cómic acompañamos a Margot nas súas andainas por Galicia, onde forxa amizade con figuras da Xeración Nós, e coñeceremos os posteriores acontecementos vividos no seu país coa presenza do nazismo, que empregou os Xogos Olímpicos de Berlín 1936 como un lugar de propaganda do réxime.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.