Os maiores de Padrón poderán formarse en xuño en uso do móbil e documentalismo fotográfico da man da USC

17 Abril 2026

O programa universitario de maiores IV Ciclo da USC (Camiños de Coñecemento e Experiencia) regresa en xuño ao concello de Padrón cunha nova edición dirixida ás persoas maiores de 50 anos, ofrecendo formación universitaria gratuíta e de calidade.

A iniciativa desenvolverase entre os días 8 e 15 de xuño, en horario de 16.30 a 18.00 horas, e inclúe tres seminarios temáticos de dúas sesións cada un. A matrícula é gratuíta e pode formalizarse no Centro Social de Padrón, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 81 13 29.

O primeiro dos seminarios será os días 8 e 9 de xuño baixo o título O uso do móbil, sácalle partido, impartido por Álvaro Dosil Rosende, profesor do Programa Universitario de Maiores da USC. Nesta proposta abordaranse as posibilidades que ofrecen os dispositivos móbiles no día a día, favorecendo un uso práctico e accesible da tecnoloxía.

A continuación, os días 10 e 11 de xuño, desenvolverase o seminario Pedagoxía, educación e desenvolvemento: (Re)pensar o papel da educación na actualidade, a cargo de Marcos Pequeño Goris, investigador da Facultade de Ciencias da Educación. A actividade convida á reflexión sobre o papel da educación nun contexto social en constante transformación.

A programación completarase os días 12 e 15 de xuño co seminario O documentalismo fotográfico: do Photo-Secession ás redes sociais, impartido pola investigadora Katia Cino Rouco, quen analizará a evolución da fotografía documental desde as súas orixes ata a súa presenza na era dixital.

Camiños de Coñecemento e Experiencia forma parte do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC, unha iniciativa orientada á democratización do coñecemento e á promoción do envellecemento activo. Conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, e desenvólvese en quince concellos galegos.

Con esta proposta, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa formación ao longo da vida, ofrecendo á veciñanza oportunidades de aprendizaxe adaptadas aos seus intereses e necesidades.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.