O Xeodestino Terras de Santiago pon en marcha unha canle turística de televisión por IP

29 Abril 2026

O Xeodestino Terras de Santiago continúa avanzando nos obxectivos de dixitalización recollidos no seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) e vén de poñer en marcha a Canle IP Terras de Santiago.

“Trátase dunha plataforma dixital para a promoción conxunta do territorio e da oferta turística, cultural e empresarial dos once concellos que integran o xeodestino”, destaca Guarina Rey, presidenta do Xeodestino Terras de Santiago, quen salienta que “cunha configuración innovadora e un deseño orientado a que sexa doado de utilizar, este canal incorpora novos widgets informativos que permiten consultar, de forma áxil e actualizada, os eventos, actividades e recursos dispoñíbeis ao longo do ano”.

Con esta iniciativa, engadiu, o Xeodestino Terras de Santiago reforza “a estratexia de comunicación territorial”, ofrecendo “un espazo único” onde a veciñanza, os visitantes e os axentes do sector poidan acceder a información verificada, homoxénea e permanentemente actualizada; unha canle á que xa se pode acceder nos expositores instalados nas casas consistoriais, oficinas de turismo e locais de equipamento público dos 11 municipios do xeodestino: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.

En datas vindeiras aabrirase o acceso a través da páxina web do Xeodestino Terras de Santiago.

Guarina Rey salienta que “queremos consolidar a Canle IP Terras de Santiago como un instrumento clave para a difusión coordinada da programación municipal e os atractivos do xeodestino”. Para conseguilo, a canle incorpora tamén un sistema de alta para empresas da contorna mediante código QR, facilitando así que o tecido empresarial tamén poida promover os seus servizos e actividades dentro desta plataforma. “Esta funcionalidade contribúe a fortalecer a visibilidade do sector, mellorar a integración da súa oferta e favorecer a competitividade do xeodestino no seu conxunto”, conclúe Guarina Rey.

Coa posta en marcha da Canle IP Terras de Santiago, o Xeodestino segue avanzando nos obxectivos de dixitalización recollidos no seu PSTD, que xa permitiron a finais de 2025 dotar aos municipios das pantallas e do equipamento preciso para poñer en marcha o sistema. De feito, estas televisións pasarán dende agora a emitir de forma continuada información sobre os distintos atractivos do Xeodestino Terras de Santiago, dunha forma sinxela, útil e directa. Canda esa información, tanto o visitante como as persoas residentes terán acceso a todas as actividades lúdicas, culturais e sociais que se desenvolvan no xeodestino, algo que beneficiará directamente a todo o sector turístico da contorna: aloxamentos, restaurantes, empresas de actividades turísticas…

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.