O mexillón das nosas rías “vaise” de xira polos colexios

29 Abril 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, visitou este mércores 29 de abril o CPR Plurilingüe La Milagrosa de Vigo para participar na xornada Mexillón de Galicia nas aulas. Esta actividade, organizada pola Denominación de Orixe Protexida (DOP) Mexillón de Galicia, ten como finalidade achegar aos escolares as bondades nutricionais, a calidade e a historia dun dos produtos máis senlleiros do noso mar.

Durante o encontro, Rosón destacou a importancia de educar ás novas xeracións no consumo de produtos locais e sustentábeis. A acción enmárcase no convenio de colaboración subscrito este ano entre a Consellería do Mar e a DOP, unha alianza estratéxica que busca “non só promocionar o consumo de mexillón, senón tamén divulgar o rigoroso proceso de control e certificación que garante a súa excelencia”.

A xornada permitiu aos alumnos e alumnas coñecer de preto o ciclo de produción do mexillón e a súa relevancia como motor económico das rías galegas. O director xeral subliñou que “este tipo de iniciativas son fundamentais para consolidar a dieta atlántica nas idades temperás e para que a mocidade recoñeza o esforzo dos profesionais do sector bateeiro, asegurando así a remuda xeracional tamén no consumo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...