O Goberno levará ao Congreso unha medida para suspender o pago á Seguridade Social das mariscadoras e mariscadores mantendo o período como cotizado

27 Abril 2026

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, visitaron este luns 27 o concello de Boiro (acompañados do alcalde José Ramón Romero), onde departiron con representantes do sector do marisqueo e a pesca, e onde falaron do papel que vai Partido Popular na tramitación da lei que, dixo, “permitirá suspender o pago das cotas á Seguridade Social ás mariscadoras e mariscadores durante os períodos de paralización da actividade, mantendo ese tempo como cotizado”.

Na súa visita a Boiro, Besteiro enumerou os beneficios para o sector da dita lei e mostrou a súa preocupación sobre o rol que xogará o PP na súa vindeira aprobación.

Recordou que a medida chega “tras as reunións mantidas co sector en Cabo de Cruz, onde se trasladou ao Goberno a necesidade de adaptar o sistema á situación provocada polos temporais e polos períodos nos que non se pode traballar”.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, destacou o traballo realizado nas últimas semanas co sector e co Goberno para dar resposta a unha demanda concreta. “Viñemos traballar sobre un problema real que tiña o sector e hoxe presentamos o resultado dese traballo e do compromiso adquirido”, sinalou.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, explicou que a proposta responde a unha situación específica derivada dos temporais e dos períodos de inactividade. “O sector pedíanos poder suspender o pago das cotas neses períodos e puxemos en marcha esa solución”, indicou.

Blanco detallou que a medida permitirá suspender o pago á Seguridade Social mantendo ás persoas traballadoras en situación asimilada á alta e computando ese tempo como cotizado “a todos os efectos”, incluídas prestacións como xubilación, incapacidade ou supervivencia.

Besteiro confirmou que a iniciativa incorporarase a un proxecto de lei de medidas urxentes para paliar os danos causados polos temporais e será debatida no Congreso. “É un compromiso político que asumimos en Galicia para trasladalo ao Goberno de España: garantir a exención das cotas e que ese tempo compute como cotizado”, explicou.

O líder socialista engadiu que “pasamos de cifras de nove mil profesionais traballando no marisqueo a estar agora arredor dos tres mil e poucos. E deses tres mil e poucos, o 75% son mulleres”, recordou. Por iso, sostivo Besteiro, esta medida ten “unha intencionalidade política evidente”, a de protexer un sector que perdeu en pouco máis dunha década dúas de cada tres traballadoras.

Neste contexto, dirixiuse directamente ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para que interveña na posición do seu partido en Madrid. “Ten nas súas mans que Feijóo aprobe no Congreso esta lei”, advertiu.

Besteiro insistiu en que o apoio do PP será determinante para que a medida saia adiante e pediu que non se repitan episodios de bloqueo. “O que esperamos é que o Partido Popular non intente boicotear tamén esta lei”, dixo.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.