“O Goberno e o PP tombaron a moción de Vox para dar prioridade nacional no acceso ás axudas públicas” – Antón Luaces

23 Abril 2026

O pleno do Congreso dos Deputados, cos votos do PP, os partidos do Goberno e os seus aliados, rexeitaron este mércores 22 de abril unha moción de Vox na que o partido de Santiago Abascal instaba a aplicar o criterio de “prioridade nacional” no acceso a axudas públicas e a derrogar a regularización extraordinaria de mjgrantes, un texto que xa recibira cualificativos de “nazi” e “inhumano” durante o debate deste concepto de prioridade nacional que só contou cos votos de Vox após unha emenda do PP que non foi aceptada polo grupo de extrema dereita e na que se asumía tal expresión sempre e cando se circunscribira ao “arraigo”, que tamén figura no acordo.

Foi rexeitada con só 33 votos a favor e 310 en contra, votación na que se escenificaron as diferencias do acordo entre Vox e o PP.

Para Vox, España debe deixar de ser o hospital de África e América,  polo que a derrogación do Real Decreto que estende toda a sanidade pública española aos migrantes ilegais forman parte da proposta de Vox.

As críticas procedentes dos grupos da esquerda culparon tanto ao PP como a Vox, tachando o acordo de “racista” e “xenófobo”.

O debate no hemiciclo permitiu comprobar as diferencias existentes entre a dereita e a extrema dereita: Vox ve “incoherente” que o PP votara en contra e “uniron os seus votos aos do Goberno e os seus socios para “rexeitar unha  medida que pon aos españois primeiros”.

A “prioridade nacional” remacha as diferencias entre o PP e Vox, co “arraigo” coma parte contratante. 

Outros artigos

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión