O Consorcio de Santiago licita novas actuacións no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres e no Pazo de Raxoi

20 Abril 2026

O Consorcio de Santiago publicou este luns na Plataforma de Contratación do Sector Público dúas novas licitacións destinadas á execución de intervencións en dous dos espazos de maior valor patrimonial da cidade: o conxunto de Santo Domingo de Bonaval e o Pazo de Raxoi.

No caso de Bonaval, a actuación céntrase na restauración da nave de acceso ao Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, así como na capela que alberga o sepulcro de Castelao. O proxecto contempla unha intervención integral para corrixir as patoloxías detectadas, entre as que destacan problemas de humidades, filtracións e o deterioro de revestimentos e pinturas murais. O obxectivo é recuperar as condicións de conservación do espazo e garantir a protección dos seus valores históricos e artísticos. O orzamento base de licitación, IVE incluído, ascende a 122.829,34 euros e o prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 11 de maio de 2026.

Pola súa banda, a intervención prevista no Pazo de Raxoi está orientada á mellora da eficiencia enerxética da súa fachada norte. Os traballos buscan optimizar o comportamento térmico da envolvente do edificio e solucionar deficiencias derivadas do envellecemento dos materiais e da acción de factores ambientais, como humidades, filtracións e problemas de estanqueidade. Esta actuación conta cun orzamento base de 617.856,76 euros, IVE incluído, e o prazo para presentar ofertas remata o 18 de maio de 2026.

Estas iniciativas enmárcanse na estratexia do Consorcio de Santiago para a conservación e posta en valor do patrimonio histórico da cidade, ao tempo que se aposta pola mellora da eficiencia e sustentabilidade dos seus edificios emblemáticos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.