Ribeira resulta beneficiaria dunha subvención para o obradoiro dual de emprego Tahume XI, no que volve traballar co Concello do Son

25 Abril 2026

O obradoiro dual de emprego Tahume XI desenvolverase novamente por parte do Concello de Ribeira, en asociación co de O Porto do Son, despois de que a Administración local ribeirense recibise nesta semana a resolución conforme é beneficiaria dunha subvención por importe global de 546.552 euros por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

“Trátase dun programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a empregabilidade no que nos involucramos Ribeira e O Porto do Son. Xa é un obradoiro consolidado en ámbolos municipios, mellorando as opcións de inserción no mundo laboral de moitos veciños e veciñas durante tódalas edicións previas, nas que foi todo un éxito. E, ademais de ter un forte impacto nas persoas participantes, tamén redunda positivamente no conxunto da sociedade, pois realizan as prácticas en mobiliario e espazos públicos”, explica a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro.

Un total de 20 persoas poderán formarse neste obradoiro ao longo de nove meses a contar dende xuño deste mesmo ano; período no que asistirán ás especialidades de Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble; Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais; Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes; e Traballos de carpintería e moble.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.