O Concello de Ribeira pon en marcha o programa Mocidade Formada que comeza cun curso de DJ

15 Abril 2026

O Concello de Ribeira pon en marcha un novo programa para dinamizar o tempo de lecer e a Casa da Xuventude. Trátase de Mocidade Formada que nace coa vontade de “ofrecer unha ferramenta para facilitar a aprendizaxe formal e informal da xente moza maior de 16 anos”, en palabras do Concello. A través da formación compleméntase o programa de ocio Por fin é finde! orientado a partir dos 12 anos.

Segundo explicou a concelleira de Xuventude, Carmen Pérez, este novo proxecto diferénciase en tres modalidades. As pílulas informativas serán cápsulas de aprendizaxe áxil e concentrada para adquirir coñecementos clave en pouco tempo; a formación presencial ofrecerá experiencias prácticas e colaborativas para desenvolver habilidades e crear rede; e a formación en liña contará cunha flexibilidade total para aprender a diferentes ritmos e dende distintos lugares e días.

O inicio da impartición do curso oficial de monitorado en actividades de tempo libre evolucionou neste novo proxecto que aglomera máis actividades formativas de balde que botan a andar co curso de iniciación a DJ que se desenvolverá no 25 de abril, en horario de tarde, na propia Casa da Xuventude. A rapazada participante asistirá a cinco sesións guiadas por persoas expertas que ensinarán os distintos elementos do equipo, as mesturas, os hot cues ou o grid, entre outros aspectos que compoñen o temario.

“Este curso xorde para ofrecer formación demandada pola propia mocidade e que despois poderá redundar na súa participación noutros proxectos que ofreza o Concello de Ribeira”, manifesta a edil na compaña do técnico municipal de Xuventude, Mario Vidal, quen avanzou que os cursos que van ter certificación a nivel curricular.

As inscricións xa están abertas e as prazas son limitadas. O trámite formalizarase presencialmente na propia Casa da Xuventude, no enderezo electrónico xuventude@ribeira.gal ou no teléfono de contacto 981 835 289. En vindeiras datas tamén se levará a cabo a primeira pílula informativa que versará sobre Pensar antes de compartir: como informarse na era dixital. Tamén se informará en datas vindeiras sobre os cursos en liña de educación inclusiva e atención á diversidade; manipulación de alimentos; protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia; e calidade pedagóxica das actividades de tempo libre.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...