O Concello de Ribeira inicia as obras de accesibilidade na contorna da Casa Consistorial

08 Abril 2026

O Concello de Ribeira mellora a accesibilidade na contorna da Casa Consistorial cunha actuación que se centra en tres rúas que lucirán novo aspecto e nas que se creará unha plataforma única para que vehículos e transeúntes circulen na mesma cota.

Os traballos inclúen a substitución do aglomerado da calzada por pavimento de formigón pulido que, cada certa distancia, intercalara franxas de lastras (adoquíns) de pedra granítica.

A intervención afectará ás vías de pavimento arredor do Consistorio ao longo de dous meses. “Trátase dunha actuación necesaria para continuar dando resposta ao compromiso de humanización da nosa cidade. Nestas rúas xa tiña prioridade o viandante sobre os vehículos, pero executamos estas obras para mellorar o estado da superficie e, polo tanto, incrementar a seguridade para quen se despraza a pé ou nun turismo. Dende o Concello de Ribeira seguimos sacando adiante licitacións e iniciando obras para, en consecuencia, activar tamén o noso municipio, onde a prioridade sempre é a mellora da calidade de vida da cidadanía”, sinalou a alcaldesa, María Sampedro.

A rexedora incidiu en que esta actuación “supón un importante esforzo para a nosa Administración local, pois vai con cargo íntegro ás arcas municipais, pero era moi necesaria que se fixese este acondicionamento no centro urbano”.

As obras supoñen un investimento de 69.172,72 euros, IVE incluído, con cargo íntegro ás arcas municipais, e Nemesio Ordóñez, S.A. é a empresa encargada da súa execución.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.