O Concello de Ribeira abre penalidades ao contrato da subministración da iluminación decorativa de Nadal

01 Abril 2026

O Concello de Ribeira informou do inicio do expediente de penalidades ao contrato de subministración da iluminación decorativa do Nadal no 2025/2026 por detectar “incidencias, anomalías e incumprimentos no transcurso do período de duración do subministro”, segundo se extrae do informe emitido por persoal técnico municipal. A empresa adxudicataria resultou ser TECMODECO S.L. por un prezo total de 159.720 euros, IVE incluído, tras saír o proceso a licitación.

Considéranse, no total, 16 faltas graves, resultando máis de 10 no período no que estivo en vigor o dito contrato. En consecuencia, imponse unha sanción económica de 200 euros por cada unha destas faltas graves, así como a incautación da garantía definitiva por importe de 6.600 euros -que no seu día foi depositado polo adxudicatario- e que isto se faga efectivo deducíndoo da cantidade a aboar no momento do pago da factura.

“As empresas deben de cumprir coas obrigas que se lles esixe no momento de presentarse a unha licitación. Durante o Nadal detectáronse unha serie de eivas na aplicación do contrato que, se ben, foron comunicadas, moitas delas non foron resoltas. A apertura deste expediente de penalidades é un exercicio de responsabilidade na xestión pública e dos cartos de tódolos veciños e veciñas”, explica a alcaldesa, María Sampedro.

A alcaldesa María Sampedro na última sesión plenaria da Corporación

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.