O Concello de Noia mellora o firme da rúa Pontevedra cun investimento de 30.000 euros

30 Abril 2026

O Concello de Noia vén de iniciar os traballos de mellora do firme na rúa Pontevedra, unha actuación que conta cun investimento total de 30.000 euros e que será executada pola empresa local Pavimentos Noia SL. Dende o Goberno local explican que “esta intervención ten como obxectivo principal renovar o pavimento existente, mellorar a seguridade viaria e optimizar a accesibilidade para a veciñanza”.

Ademais da renovación do firme, o proxecto inclúe a mellora das beirarrúas, “contribuíndo a un tránsito peonil máis cómodo e seguro”.

O tenente de alcalde, Manolo Seijas, destacou a importancia desta actuación dentro do plan municipal de mantemento e mellora das infraestruturas urbanas: “Seguimos apostando por intervencións que melloren a calidade de vida da cidadanía, actuando en vías que precisaban unha renovación evidente”.

Con esta obra, o Concello reafirma o seu “compromiso” coa posta a punto dos espazos públicos e co apoio ás empresas locais, encargadas de executar os traballos.

Os labores desenvolveranse durante os vindeiros días, polo que se solicita a colaboración da veciñanza ante posíbeis molestias ocasionadas polas obras.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.