O Concello de Noia apoia con axudas e subvencións o tecido asociativo local

08 Abril 2026

O Concello de Noia segue apostando polo seu tecido asociativo e no marco desta liña de traballo asinou convenios de colaboración, nestas últimas semanas, con múltiples asociacións e clubs deportivos do concello, ao abeiro do programa municipal de axudas e subvencións destinadas a favorecer e reforzar a actividade das entidades. Entre estas atopábanse o club de fútbol sala Noia Portus Apostoli, a Fundación Romero Blanco Monroy, a Escola Feminina de Fútbol Sonoia Portus Apostoli, a Escudería Berberecho (responsábel do histórico rallie do mesmo nome) a o Club Trabandainas, unha das entidades do Barbanza que máis traballa por reivindicar as actividades ao aire libre e en plena natureza.

“Dende o Concello queremos reiterar o noso compromiso con todas estas entidades que, dende diferentes ámbitos, realizan unha labor fundamental: promoción da saúde, apoio social, impulso do deporte de base e, en definitiva, tecer comunidade para construír a Noia que queremos”, explicou o alcalde noiés, Francisco Pérez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.