O Concello de Boiro recibe unha axuda para a prevención dos incendios forestais nos seus núcleos rurais

30 Abril 2026

Dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración veñen de anunciar a concesión dunha axuda por importe de 105.775,71 euros para o Concello de Boiro dentro do marco da orde de Galicia Suma Talento: Rural Activo.

Indo á subvención, sinalar que grazas a ela vanse contratar un técnico forestal e cinco peóns durante 9 meses. Boiro conta con máis de 100 entidades singulares nas parroquias que deberán ter faixas de 50 metros de roza e retirada das especies para previr a propagación dos lumes. O obxectivo desta axuda é a prevención dos incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do Concello de Boiro durante o ano 2026.

As funcións a desenvolver do técnico forestal serán as de inspeccionar as parcelas incluídas nas franxas de prevención dos núcleos de poboación, identificando aos propietarios que incumpran os criterios da xestión da biomasa. Pola súa banda, os peóns participarán das tarefas de roza de parcelas municipais de influencia forestal e os camiños públicos que requiran roza manual.

Engadir que a contratación do persoal realizarase mediante o Servizo Público de Emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.