O Club de Lectura das Amas de Casa de Ribeira achegouse á obra de Otero Pedrayo

17 Abril 2026

Preto dunhas 40 persoas do Club de Lectura da Asociación Amas de Casa de Ribeira participaron na tarde deste xoves 16 de abril nunha lectura compartida sobre a obra en prosa de Ramón Otero Pedrayo con motivo da conmemoración do 50º aniversario do seu pasamento. Esta actividade organizada pola propia entidade, coa colaboración do Concello de Ribeira, desenvolveuse no Centro Cultural Lustres Rivas, a onde tamén se achegaron a alcaldesa, María Sampedro; o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño; e a edil de Educación, Nucha Brión.

Trala introdución efectuada pola técnica municipal do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, as persoas asistentes deron lectura a fragmentos das novelas Os camiños da vida e Arredor de si, con guión elaborado por Ángeles González, integrante do propio Club de Lectura.

A rexedora puxo en valor este tipo de iniciativas que contribúen a preservar o legado de escritores e coñecer máis a fondo a súa produción literaria. “Trátase dunha acción máis das múltiples que pon en marcha a Asociación Amas de Casa, desta vez, coa lectura como punto de encontro e de difusión de coñecemento. A elección do escritor é moi acaída por parte do Club de Lectura, pois neste 2026 celebramos o Ano Oteriano e puidemos mergullarnos nas palabras de dúas célebres novelas súas ao tempo que dinamizamos o uso da lingua galega. Foi un pracer participar nesta cita coa cultura e coa lingua nunha dinámica de grupo tan boa e con alta participación. Agardo que organicen máis iniciativas desta natureza”, manifestou
Sampedro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.