O CIM de Ribeira leva ao CIFP Coroso un obradoiro sobre como combater o machismo dixital

28 Abril 2026

Alumnado de 1° de Formación Profesional Básica do CIFP Coroso asistirá no xoves, 30 de abril, en horario de 12.00 a 14.00 horas, ao obradoiro Novos discursos arredor da masculinidade e a feminidade en entornos dixitais. Esta acción formativa para a dita comunidade educativa chega da man do Centro de Información á Muller (CIM) de Ribeira ao abeiro da campaña De fronte á violencia de xénero, da Deputación da Coruña.

“Traballar a prol da igualdade é algo que vai máis aló dunha data concreta; é un aspecto sobre o que incidir os 365 días do ano e poñemos o foco nos máis novos porque consideramos que na educación está a base para cambiar o mundo a mellor”, indicou a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro.

O obxectivo é favorecer a reflexión crítica e o diálogo arredor dos novos discursos, estéticas e referentes dixitais sobre masculinidade e feminidade, analizando o seu impacto na construción das identidades e na reprodución das violencias machistas e simbólicas.

En consecuencia, analizarán as presións sociais sobre a identidade, o corpo, a representación social do xénero, a presión estética e violencias corporais, os discursos de odio, a hipersexualización e ciberviolencias, resistencias feministas e masculinidades reactivas en contextos dixitais (manosfera).

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...