O BNG de Outes urxe retomar o proxecto da Escola de Música Municipal tralo cambio de goberno

24 Abril 2026
Sol Agra e Anxo Núñez, do BNG de Outes

O voceiro municipal do BNG de Outes, Anxo Núñez, puxo en valor este venres 24 de abril o traballo realizado pola súa formación durante a súa etapa de goberno na Escola de Música Municipal, ao tempo que reclamou ao actual Executivo local que “actúe con urxencia para solucionar as deficiencias existentes no edificio”. Lembrou que durante o dito período leváronse a cabo “actuacións importantes” no interior das instalacións co obxectivo de mellorar as condicións de uso: “Nun ano e medio de goberno levamos a cabo melloras esenciais para facilitar a comodidade das persoas usuarias que realizan alí as súas actividades”, sinalou.

Entre estas intervencións, destacou o cambio das luminarias e a reforma dos cubículos de ensaio para optimizar o seu aproveitamento.

Así mesmo, recordou que o BNG impulsou iniciativas para poñer en valor este espazo cultural, como a proposta de realizar un mural no penal do edificio en homenaxe aos músicos de Outes.

Porén, o voceiro nacionalista advertiu de que “a casa da banda necesita un arranxo urxente”, ao tratarse dun edificio antigo que presenta problemas como filtracións de auga. Neste sentido, indicou que o seu grupo deixou redactado o proxecto para adecentar a cuberta co fin de solucionar estas deficiencias e que xa se atopaba en pleno proceso de contratación, pero da que non houbo novidades dende a moción de censura de febreiro do 2026.

“Temos claro que esta é unha das prioridades nas que o Concello debería actuar, especialmente tendo recursos na área de cultura”, engadiu.

Por último, Núñez foi crítico co Goberno actual por, sinalou, “a súa falta de actuación” tras a moción de censura: “Non tivemos ningunha noticia nin intención por mellorar a escola da banda”. Por iso, o BNG de Outes insta ao Executivo local a “deixar de dar as costas á veciñanza e escoitar cales son as súas prioridades”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.