No Son, o Concello rende homenaxe ao sacerdote José Antonio Vila Brión o vindeiro luns 27

22 Abril 2026

O vindeiro 27 de abril ás 12:00 horas, a Igrexa Parroquial de San Vicente de Noal acollerá o acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello do Porto do Son a José Antonio Vila Brión, unha distinción coa que se recoñece a súa traxectoria e compromiso exemplares para co municipio. O acto será público para que poidan asistir as veciñas e veciños que así o desexen. Contarase coa presenza do arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto.

José Antonio Vila Brión exerceu durante anos como sacerdote en Baroña e Xuño.

Antes do seu traballo como sacerdote nas ditas parroquias exerceu como capelán militar durante máis de tres décadas. En outubro de 2021, foi un dos catro sacerdotes veteranos condecorados pola súa longa traxectoria e labor pastoral na zona durante a celebración do Pilar.

Outros artigos

O Concello de Rianxo convoca o Concilia Nadal 2026-2027

O Concello de Rianxo convocou a edición 2026-2027 do Concilia Nadal, un servizo de apoio á conciliación da vida familiar e laboral das familias do concello, cun programa de actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre. As actividades desenvolveranse do 22...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...