Namórate da Aldea chega o 18 de abril a Araño (Rianxo) cunha xornada de natureza, gastronomía e cultura

12 Abril 2026

A iniciativa Namórate da Aldea chega o vindeiro 18 de abril a Araño (Rianxo) cunha completa xornada de natureza, gastronomía e cultura.

A Área Recreativa As Miráns, en Campo da Ponte (Araño, Rianxo), acollerá o vindeiro 18 de abril, a partir das 16.00 horas, o evento Namórate da Aldea, unha proposta pensada para poñer en valor o rural a través dunha experiencia que combina natureza, tradición, gastronomía e lecer para todos os públicos.

A programación comezará ás 16.00 horas cunha andaina guiada, seguida ás 17.00 horas dunha experiencia gastronómica a cargo do cociñeiro Alberto Carou, do restaurante O Curral do Marqués.

Durante esta sesión, as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación de tapas con produtos e receitas representativas da zona, como bocadillos de rexóns, queixo San Simón con salsa brava, ensaladilla ou kebab de costela de porco con chimichurri e queixo.

Ademais, o evento contará cunha degustación de viño e vermú das bodegas Cazapitas Lodeiros, así como cun concurso de licores caseiros, promovendo así a tradición e a participación veciñal.

A programación inclúe tamén actividades para o público máis novo, como o teatro infantil Calavera Circus ás 18.00 horas, garantindo unha xornada pensada para toda a familia.

Como peche do evento, ás 20.00 horas terá lugar o concerto do grupo Minguante, que poñerá o broche final a unha tarde chea de cultura e convivencia.

Namórate da Aldea é unha iniciativa que busca dinamizar o territorio, apoiar o produto local e fortalecer os lazos comunitarios, ofrecendo unha alternativa de lecer sostíbel e de calidade no rural.

Máis información: Data: 18 de abril

Lugar: Área Recreativa As Miráns, Campo da Ponte (Araño, Rianxo)

Hora de inicio: 16.00 h

Organiza: Asociación Cultural A Carballeira de Baia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.