MoradAura celebra a III Xornada de Memoria Feminista arredor do campo de concentración de Padrón

15 Abril 2026


MoradAura, a asociación feminista da contorna do Sar, organiza, coa colaboración do Concello de Padrón, a Terceira Xornada anual de Memoria Feminista arredor da Azucreira. Esta vez visualizando “a ausencia terríbel” de investigación sobre mulleres e relatando como iso configura a nosa memoria como pobo. Durante a mañá do 18 de abril intentaremos por o foco no enriquecemento que dan as memorias minorizadas na construción da narrativa.

O sábado 12 de abril ás 11h na Casa dos Capeláns, en Iria Flavia, as persoas participantes escoitarán os relatos e diálogos de expertas feministas en memoria democrática como Conchi López Sánchez, Encarna Otero ou Iria Morgade.

Baixo a premisa de que a memoria é xustiza e a xustiza é reparación, MoradAura quere convidar a todas as persoas interesadas a esta actividade de balde e na que haberá espazo para compartir e dialogar.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.