Mariscadoras de Muros retiran algas á man para protexer o marisco ante unha floración sen precedentes

30 Abril 2026

Máis de medio cento de mariscadoras e mariscadores de Muros levan días traballando intensamente na limpeza manual da praia da Virxe, un dos principais bancos marisqueiros da zona, afectado por unha inusual e masiva acumulación de algas.

A presenza destas algas está a comprometer seriamente a supervivencia de especies como o berberecho e a ameixa. Segundo explican desde o sector, as algas engánchanse aos moluscos e, co movemento das mareas, acaban desenterrándoos e arrastrándoos á superficie, onde moitos morren.

TVG

Ante esta situación, os profesionais optaron por unha limpeza completamente manual, retirando as algas unha a unha. A decisión responde á necesidade de protexer as crías e os exemplares máis pequenos, que poderían verse gravemente afectados polo uso de maquinaria ou ferramentas máis agresivas.

Aínda que outros bancos marisqueiros galegos tamén están a sufrir os efectos deste fenómeno, en Muros destaca o esforzo colectivo por preservar o recurso con métodos respectuosos. Trátase dun labor minucioso e lento, que se prolongará, previsiblemente, durante polo menos dúas semanas máis.

A campaña extractiva, prevista para o mes de xuño, está agora en risco debido á magnitude desta floración, que os profesionais cualifican de excepcional. “Nunca viramos tantas algas como nesta ocasión”, sinalan.

O sector confía en que o traballo realizado permita salvar a campaña, aínda que recoñece a incerteza sobre a evolución da situación nas próximas semanas.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.