María Dolores Busto Beade asina o cartel das Festas de Santo Isidro Labrador 2026 en Rois

15 Abril 2026

O cartel de María Dolores Busto Beade foi seleccionado como imaxe anunciadora das Festas de Santo Isidro Labrador 2026 en Rois, tras a deliberación do xurado do concurso de carteis. A autora, veciña do municipio, convértese así na gañadora desta edición, nun certame no que se presentaron un total de 12 traballos.

O tribunal reuniuse este martes, 15 de abril, ás 11.00 horas, no Edificio Multiúsos de Rois. Estivo integrado por Noelia Picadizo Villar, titulada en Deseño de moda; Antonio Villar Rodríguez, fotógrafo profesional; e Mercedes Basante Ares, en representación do Concello e por delegación do alcalde-presidente, Ramón Tojo Lens.

A proposta escollida será a imaxe oficial das festas patronais, converténdose no elemento gráfico que anunciará a celebración nas vindeiras semanas. Como recoñecemento, María Dolores Busto Beade recibirá un premio de 200 euros.

O Concello de Rois destaca a participación rexistrada nesta edición e a implicación das persoas creadoras que tomaron parte no concurso, contribuíndo a darlle forma á identidade visual dunha das citas máis destacadas do calendario festivo local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...