Mar impulsa a incorporación de novos profesionais á vixilancia dos recursos cun curso de gardarural, especialidade de gardapesca

28 Abril 2026

A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, desenvolverá un curso de GardaRural na especialidade de Gardapesca Marítimo, co obxectivo de “fomentar a incorporación de novos profesionais dedicados á vixilancia, control e protección dos recursos pesqueiros e marisqueiros”.

A convocatoria oferta un total de 20 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de entrada no rexistro. Co fin de asegurar unha participación equilibrada en todo o territorio galego, establécese inicialmente un límite de dúas prazas por concello. No caso de quedar vacantes trala primeira asignación, ampliarase o número de prazas por municipio ata completar a totalidade da oferta, segundo fai saber Mar na convocatoria.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde este 28 de abril e ata o 5 de maio ás 14:00 horas. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario PROO4A, dispoñíbel na sede electrónica da Xunta.

A formación, que consta de 15 sesións, impartirase en Santiago de Compostela, todos os venres e sábados entre o 16 de maio e o 10 de outubro, en horario de 09:00 a 15:00 horas.

A relación de persoas seleccionadas publicarase na páxina web da Consellería do Mar. Aquelas persoas que non obteñan praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, que se utilizará para cubrir posíbeis vacantes que poidan producirse ao longo do mes de maio.

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.