Máis de 800 estudantes de Ribeira achegáronse á música cun espectáculo impulsado polo Conservatorio Municipal

16 Abril 2026

Uns 872 estudantes de Ribeira de 3° a 6° de primaria procedentes de nove centros educativos pasaron estes días (mércores e xoves 15 e 16 de abril) polo novo Auditorio municipal para gozar da música clásica da man do profesorado do Conservatorio Municipal “Enrique Paisal” coa representación de Viaxe no tempo. Operación salvar a música. Ata alí desprazouse a concelleira de Educación, Nucha Brión, para comprobar o desenvolvemento da actividade.

Esta función presentou ao alumnado un futuro distópico dominado pola intelixencia artificial, onde a literatura foi substituída por móbiles, as obras de arte quedaron relegadas a favor das redes sociais e as cancións e pezas musicais son creadas por ordenadores e interpretadas por robots. Nesta situación, unha viaxeira no tempo atopa a solución: viaxar por tódalas etapas da historia documentando a música de cada tempo, os sons, as melodías e as personaxes.

Deste xeito, logra salvagardar a música do Barroco, como xurdiu o jazz ou coñecer a Mozart. E nesta misión está acompañada dun profesor de música fascinado pola historia que estará ao seu carón, a guiará e xuntos crearán un gran almacén de sons para preservalos: a Cúpula de Sons. A rapazada puido coñecer así instrumentos como a gaita, a frauta traveseira, o clarinete, o violín, a viola, o violoncello, o saxofón, a guitarra ou a trompeta, entre outros. Tamén escoitaron pezas da Idade Media, o Renacemento, o Clasicismo, o Romanticismo, o jazz e outras máis contemporáneas.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.