Máis de 40 nenos e nenas participan no Ribeira Concilia Primavera

03 Abril 2026


Un total de 43 nenos e nenas participan no Ribeira Concilia Primavera que pon en marcha o Concello para favorecer a compatibilidade da vida persoal e laboral das familias nos períodos vacacionais, desta vez, coincidindo coa Semana Santa. O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, visitou á rapaza durante unha saída polo centro para coñecer o desenvolvemento desta acción en materia de conciliación con funcionamento nos días 30 e 31 de marzo e do 1 ao 6 de abril, de luns a venres, agás festivos, no Conservatorio Municipal de Música ‘Enrique Paisal’.

“Dende o Concello de Ribeira brindamos esta prestación de balde para as familias que amosa o noso compromiso de seguir avanzando en conciliación. Entraron a totalidade das solicitudes presentadas dando, por suposto, cumprimento ás ratios. Durante este período, a rapazada sigue aprendendo ao mesmo tempo que se divirte con actividades educativas e lúdicas”, en palabras do edil.

A isto engade que se leva novamente ao Conservatorio Municipal por “quedar xa constatado que reúne unhas mellores condicións para o
desenvolvemento do programa. Xa no Nadal percibimos moi boa resposta por parte das familias polo cambio. E, obviamente, seguimos
utilizando o pavillón do CEIP O Grupo para actividades puntuais como, por exemplo, as deportivas”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.