Inestabilidade e chuvascos treboentos marcarán o martes nas Rías Baixas e Santiago

20 Abril 2026

A xornada do martes estará condicionada pola presenza dun centro de baixas presións situado entre Azores e Galicia, o que deixará unha situación de marcada inestabilidade atmosférica.

Nas Rías Baixas e en Santiago, o día comezará con alternancia de nubes e claros, aínda que co avance das horas medrará a nubosidade e aumentará a probabilidade de chuvascos, especialmente a partir do mediodía. Estas precipitacións poderán ir acompañadas de treboadas de xeito puntual.

As temperaturas experimentarán un moderado ascenso, máis acusado no litoral, onde o ambiente será algo máis suave ca en xornadas anteriores. En Santiago tamén se notará esta subida, aínda que de forma máis moderada (24 a 26 graos).

O vento soprará frouxo de compoñente leste nas primeiras horas, rolando a sur e intensificándose pola tarde, cando poderá acadar intervalos de moderado. Aínda que as refachas máis fortes se esperan nas zonas montañosas do leste da provincia de Ourense, nas Rías Baixas tamén se poderá notar un incremento da intensidade do vento ao final do día.

meteogalicia

O noso mar: vento do sur á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.