Fran Sieira bailará o 2 de maio en Ribeira coa música de Caamaño&Ameixeiras no espectáculo “BenQuerer”

07 Abril 2026

O artista ribeirense Fran Sieira bailará na súa terra o vindeiro 2 de maio, no Auditorio Municipal, ás 20.00 horas e acompañado en directo polo dúo galego Caamaño&Ameixeiras co espectáculo BenQuerer. Trátase dunha peza íntima e emocional que conecta co cotiá e cos procesos de adaptación ante os cambios.

A proposta, de feito, reflexiona sobre como as persoas asumen máis do que, quizais, lles corresponde. En definitiva, afonda sobre querer ben ou quererse ben. “Di o refraneiro popular que ninguén é profeta na súa terra, pero aquí temos a este ribeirense que rompe con esta frase. Fran é un gran artista que nos fai desfrutar a todos coa súa arte na danza. A cultura é un medio a través do que explorar a vida e amosar a perspectiva da mesma a través das distintas disciplinas artísticas. Con BenQuerer, este ribeirense ofrece o resultado dun proceso creativo persoal e íntimos e convídanos como público a reflexionar sobre a importancia do autocoidado emocional, o amor propio e o respecto a un mesmo”, en palabras da alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, que acudiu á presentación na compaña da concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Segundo o propio artista, Fran Sieira, BenQuerer “é como unha curación” para superar sensacións como a do síndrome do impostor e, con especial significado ao facelo na súa terra: “É pechar un círculo”.

Porén, lembraron que non é a primeira vez que Fran Sieira actúa en Ribeira, pois en todas as súas xiras estivo presente Ribeira. Como novidade, este espectáculo será inclusivo ao incorporar recursos específicos de accesibilidade para persoas con discapacidade auditiva e visual.

A venda das entradas comeza no xoves, 9 de abril, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 4,50 euros, máis gastos de xestión.

Outros artigos

Padrón pecha unhas multitudinarias Festas de Pascua

Orquesta Nueva Línea O Concello de Padrón baixou o pano das Festas de Pascua 2026 este domingo de Pascuilla cun balance moi positivo tras unha fin de semana de masiva afluencia, na liña das xornadas precedentes, nas que a vila estivo ateigada de xente. En palabras do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.