“Fondevila, a Cova do Fonforrón e unha manda de luras e ardecasas: Ribeira infinda” – Antón Luaces

01 Abril 2026

Ben sei que para os non nados ou residentes durante anos en Ribeira (o meu caso) que lles conte hoxe neste recuncho do xornal O Barbanza o que foi e é unha experiencia persoal nesa cidade de 120 anos -antes vila e mesmo pobo- non ten maior importancia ou mérito. E sen embargo esta experiencia na vida dun rapaz recén chegado de Canarias tivo tamén a súa repercusión na vida dun grupo de amigos (Uco, Paco, Enrique, Mel, Domingos, entre outros) que me ensinaron a coñecer e querer canto de fermoso había -e dou por feito que hai- dende o acceso pola Barreira a este vello e para min entrañable barrio de Fondevila (naqueles anos 50 do século pasado), excelente miradoiro do mar de Arousa que permitía seguir a navegación de dornas, racús e moitas outras embarcacións de pesca cando pola tarde, con eses amigos hoxendía supoño perdidos, nos adentrabamos nos piñeirais da contorna para irmos desembocar na Cova do Fonforrón, unha pedra “catedral” na que se contaban mil e unha historia de mouros, de perseguidos polo franquismo e, obviamente, de antigos poboadores desta terra de mariñeiros e labradores que abonaban as súas leiras con grandes cantidades de “ardecasas” ou “queimacasas” (unha especie de cangrexo sen valor económico ou gastronómico) que se capturaban cun aparello largado desde unha dorna ou gamela do que tirabamos (turrabamos dicían os meus amigos) desde a praia do alemán e, de aquí ás leiras de Fondevila, trasladados a bordo dun carro de vacas. “Mellor abono para as leiras non o hai”, pregoaba o pai de Enrique, home coñecedor tanto do mar coma da labranza.

Foi curioso comprobar como esa superabundancia de “queimacasas” cadrou no tempo con inmensas mareas de luras que, durante a noite, varaban nas praias e mesmo nas ramplas das fábricas de peixe e o varadoiro no que se pintaban ou arranxaban os pesqueiros.

Foron centos, milleiros de quilos de luras os capturados en aproximadamente unha semana, con tantos espectadores coma pescadores, nun constante ir e vir de homes e mulleres que, participantes ou non na “zafra”, pouco ou nada lles faltaba para aplaudir aos abnegados mariñeiros, moitos deles de ocasión, cando non de miragre.

Eran tempos que non se repetiron e que nos levaron a cada un  dos amigos a facer a súa vida. A maioría deles no mar (pesca ou mercante). Para cada un deles, a miña lembranza e o desexo de que esta memoria no Barbanza permita que, aos nosos xa moitos anos, sumemos os medos da Cova do Fonforrón. 

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.