A localidade de Padrón viviu este domingo de Pascua unha xornada histórica coa celebración dunha Feira Cabalar que bateu récords de participación, con presenza de ganderías e tratantes chegados de Galicia, Asturias, Castela e León e mesmo de Portugal.

O Campo da Barca converteuse no epicentro dunha cita que reuniu a milleiros de persoas arredor do mundo do cabalo, nun ambiente festivo que se estendeu tamén polas rúas da vila.
Nos concursos morfolóxicos participaron 72 exemplares de 13 ganderías galegas, consolidando a feira como unha das máis relevantes do calendario autonómico. Na proba puntuable para a Copa Galicia competiron 14 cabalos e eguas de pura raza galega, resultando gañadores Gali de Oza e Dana, exemplares de Lino Freire procedentes de Oza-Cesuras.
Un dos momentos máis destacados foi o concurso de ponis, no que participaron nenos e nenas —un deles de tan só tres anos—, simbolizando o relevo xeracional e o futuro desta tradición.
Clasificacións dos concursos morfolóxicos da Feira Cabalar
As clasificacións dos concursos morfolóxicos da Feira Cabalar quedaron do seguinte xeito:
CABALOS DE PURA RAZA GALEGA
1º GALI DE OZA. Gandería Freire Abad. Oza, Cesuras
2º DOMINGO DE BOIMENTE. Cuadras O Celta. Viveiro
3º CHOCOLATE FR. David Blanco. Mos, Pontevedra
EGUAS DE PURA RAZA GALEGA
1º DANA. Gandería Freire Abad.
2º GALA. Gandería Freire Abad.
3º PITUFIÑA DO CELTA. Cuadras O Celta
CABALOS CRUZADOS
1º DUQUE. Marcos Cajaraville
2º VANIDOSO. Miguel Touceda
3º DUBÁI. Luis Freiría
EGUAS CRUZADAS
1º HD Cristal. Héctor Domínguez
2º PAMBA. Nicolás Arnoso
3º CHANEL. Nacho Bestilleiro
PERCHERÓNS
1º MA TU VU DE NIOST. Adrián Mata
2º AILTE. Alberto Fontán
3º CONQUISTADO. David Liñares
PONIS
1º SABELA. Noa López
2º DEVA. Sonia González
3º MODESTITO. Mateo Malvido
4º HANNSI. José Antonio Bouzas
5º FURIA. Ricardo Bouzas
EGUAS PURA RAZA ÁRABE
1º JA PINDIÑA. Belén Abal
2º SS DHABIA. Miguel Penedo
3º MAR ENMA. Belén Abal
CABALOS PURA RAZA ÁRABE
1º ABHA BASHIR. Miguel Penedo
2º MARCO POLO. Alejandro Garaloces



