Esclarecidos tres incendios forestais en Boiro e Boborás por queimas sen control

02 Abril 2026

Axentes da Policía Nacional Adscrita de Galicia esclareceron tres incendios forestais rexistrados a finais de marzo nos concellos de Boiro e Boborás, todos eles provocados por queimas de restos agrícolas realizadas sen as medidas de seguridade necesarias.

A investigación foi levada a cabo polo Grupo de Incendios da unidade en Ourense e Santiago, coa colaboración da Unidade de Investigación de Incendios Forestais, dependente da Consellería do Medio Rural no caso dos lumes de Boiro.

Os dous incendios rexistrados en Boiro, no lugar de Lampón, tiveron lugar os días 23 e 24 de marzo e afectaron 1,8 hectáreas de monte arborado e raso e 0,17 hectáreas de superficie non forestal. Ambos obrigaron á mobilización de medios de extinción para evitar a súa propagación. As dúas persoas implicadas foron identificadas e declararon como investigadas, remitíndose as dilixencias ao xulgado de garda de Ribeira.

Pola súa banda, o incendio de Boborás produciuse o 22 de marzo no núcleo de Vecoña de Arriba, afectando arredor de 0,17 hectáreas de superficie arborada. O lume foi extinguido por efectivos da Xunta, coa intervención dun axente forestal, unha brigada e unha motobomba. A Policía Nacional Adscrita de Galicia identificou unha persoa como presunta responsable, que tamén foi citada como investigada. As actuacións foron remitidas ao xulgado de instrución do Carballiño.

Desde a administración autonómica lémbrase que as queimas de restos agrícolas e forestais están actualmente suspendidas de maneira temporal en Galicia como medida preventiva.

A Xunta fai un chamamento á responsabilidade cidadá para evitar incendios forestais e lembra que, en caso de detectar lume, está dispoñible o teléfono de emerxencias 085, así como o número anónimo 900 815 085 para denunciar actividades incendiarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.