Emma Méndez e Iñaki Pena-Manso gañan en Padrón unha Carreira de Pascua con 700 atletas

04 Abril 2026

A vila de Padrón viviu este sábado unha auténtica festa do atletismo coa celebración da XLV Carreira de Pascua, que reuniu a preto de 700 participantes entre todas as categorías.

Na proba absoluta, os triunfos foron para Emma Méndez Martínez, da Escuela Atlética Lucense, cun tempo de 46:38, e para Iñaki Pena-Manso Carral, que se impuxo na categoría masculina cun rexistro de 43:43 nos 13,3 quilómetros do percorrido.

Na competición feminina, Méndez superou a Soledad Leiro (53:45) e Raquel Fernández (55:03). Pola súa banda, na carreira masculina, Pena-Manso cruzou a meta por diante de Pablo Carnero (44:11) e Jordi Carrasco (44:23), nunha chegada máis axustada.

A proba contou con 400 corredores na categoría absoluta e outros 300 nas categorías escolares. Entre os atletas locais, destacaron Martina López Gestal (56:51) e Martín Lestido Rey (44:46), mentres que o premio ao participante máis veterano foi para Fernando Sainz, do Club Atletismo Sar, quen con 76 anos volveu demostrar a súa paixón polo deporte.

Precisamente, o Club Atletismo Sar revalidou o título como equipo con maior participación e tamén como mellor conxunto, por diante da SD Compostela e do Club Atletismo Brión Hyupersa.

A entrega de premios correu a cargo do alcalde Anxo Arca e do concelleiro de Deportes Luis Mariño, poñendo o broche final a unha xornada marcada polo bo ambiente e a alta participación.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.