Dúas persoas feridas tras envorcar un camión en Carnota

04 Abril 2026

Dúas persoas resultaron feridas logo de envorcar un camión pequeno tras saírse da vía na AC-550, ao seu paso polo lugar de San Mamede, no municipio de Carnota.

TVG

O accidente produciuse arredor das 10.30 horas, segundo informou o 112 Galicia, que recibiu o aviso dun particular. No momento da chamada indicábase que o vehículo se atopaba fóra da calzada e que había dúas persoas xa no exterior.

Ata o lugar desprazouse persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que procedeu á evacuación dos dous feridos, cuxo estado non transcendeu.

No operativo participaron tamén efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, do GES de Muros e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Á súa chegada, os equipos de emerxencia solicitaron a intervención de servizos de limpeza debido á presenza de pedras e terra derramadas sobre a vía. Ademais, os membros do GES sinalizaron un dos carrís con conos, xa que o camión quedou semi envorcado na cuneta e ocupaba parte da calzada, á espera da súa retirada cun guindastre.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.