Domingo 26, néboas matinais e risco de chuvascos treboentos pola tarde nas Rías Baixas e Santiago

25 Abril 2026

Nas Rías Baixas e en Santiago, o día comezará con bancos de néboa en zonas do interior e vales próximos, que irán disipándose co avance da mañá. Posteriormente, predominarán os ceos con nubes altas, permitindo o paso do sol en boa parte da xornada.

Co avance da tarde, medrarán nubes de evolución que poderán deixar algún chuvasco treboento de carácter puntual, con maior probabilidade en zonas do interior da provincia de Pontevedra, aínda que sen descartar episodios illados na contorna compostelá. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, deixando un ambiente algo máis suave, especialmente nas horas centrais do día.(25 a 26 graos).

O vento soprará de compoñente nordés, moderado no terzo norte e con intervalos fortes no litoral noroeste. No resto, incluídas as Rías Baixas, manterase en xeral frouxo, sen incidencias destacables.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...