“Cumpridos 50 anos de loita ecoloxista en Galicia (e o que queda!)” – Antón Luaces

25 Abril 2026

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) celebra cunha mostra itinerante, inaugurada o venres na praza do concello de Lalín, os “50 anos coidando a terra”, como exemplo dun compromiso asumido responsablemente que agora se expresa por medio de relatos e imaxes de feitos que, a día de hoxe, forman parte da historia  que se repasa ao través de fitos e mobilizacións ecoloxistas que máis pegada deixaron no país e que influíron de xeito máis evidente no presente e no noso devir futuro.  

Após recalar en concellos como Carballo, Muros, Arzúa, Valdoviño, Lugo, A Coruña, Ourense ou Santiago, a exposición fai parada estes días en Lalín para pór en valor as loitas ambientais que ten

desenvolvido na comarca do Deza e as súas posicións fronte a numerosos episodios de espolio do territorio ao longo deste medio século.

A oposición aos encoros do Ulla e á incineradora do Irixo ou a defensa das fragas de Catasós, o proxecto de Altri e as plantas de biometano ou biogás, son algúns dos eixos que sosteñen e marcan a traxectoria de ADEGA. Con elas, os proxectos  Ríos e Cerna, a custodia do territorio cas sobreiras do Arnego e na Eira da Xoana, onde se levan a cabo actividades como a recuperación de saberes e oficios tradicionais, o programa de compostaxe caseira en Goiás (Lalín). 

A exposición estrutúrase en 16 paneis distribuídos en catro tótems cúbicos , acompañados de bidóns simbólicos que recrean materiais radioactivos e textos e imaxes das principais ameazas ambientais ás que se enfrontou Galicia nos últimos 50 anos.

Falar hoxe en día de ADEGA é repasar a historia das máis duras, fortes e razoadas protestas contra decisións moitas veces políticas tomadas a conciencia porque os instigadores das mesmas sabían -e saben- dos prexuízos que as mesmas causarían a Galicia. 

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.