Comeza este sábado o III Ciclo de Monólogos do Porto do Son da man de Oswaldo Digón

04 Abril 2026

Esta noite (sábado 4 de abril) comeza oficialmente a terceira edición do III Ciclo de Monólogos do Porto do Son, organizado pola Área de Cultura do Concello. Farao da man de Oswaldo Digón Alba, a partir das 21.00 horas na Casa da Cultura. Haberá entradas á venda na Casa da Cutura dende as 19.00 horas. Digón achega este sábado a función Monólogo comedia.

Oswaldo Digón é un cómico galego natural de Cervantes (Lugo) que leva máis de 25 anos facendo o que máis lle gusta: contar historias e facer rir. Empezou en 1996 como contacontos e desde entón non parou de subirse a escenarios, teatros e estudios de televisión. Participou en proxectos de referencia como As Noites do Club da Comedia, colaborado na TVG e actuado en obras de éxito como Fariña ou Síbaris.

O Ciclo prosegue o 11de abril da man de Jazmín Abuín Janeiro e co espectáculo Riquiña. Jazmín Abuín é unha polifacética artista galega, nada en Vigo, que destaca como actriz, cómica, cantante e xornalista. Foi actriz de cinema e televisión e é unha figura recoñecida no circuíto do stand-up comedy. O seu espectáculo máis emblemático titúlase Riquiña, onde explora o humor desde a súa identidade galega vivindo en Madrid. Ademais, traballou en producións de teatro musical e de texto e exerce como actriz de dobraxe, locutora e profesora de voz e canto.

O 18 de abril o ciclo proseguirá con Celso Sanmartín e a proposta Contar. Celso Fernández Sanmartín é un dos nomes máis recoñecidos do ámbito galego da narración oral. O espectáculo Contar reúne unha selección de relatos procedentes da tradición oral, transmitidos cun estilo próximo e cun marcado uso do humor, nun formato dirixido a públicos de todas as idades.

O ciclo rematará o 25 co actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, achegando o seu espectáculo Aquí Tou!. En Aquí Tou!, o humorista, contador e actor de TV e cinema Xosé Antonio Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán, ata un posíbel epitafio. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo diferente no que o tratamento visual xoga un papel primordial, o que se ve e tan importante como o que se escoita.

As entradas estarán á venda por catro euros (cada monólogo) na Casa da Cultura de Porto do Son de luns a venres de 8:30h a 15:00h e os sábados de función dende as 19:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.